- Tira boghas: utensilio de xogo que lanza boghas ou semilla de laureiro ou bieiteiro con gran forza. De fabricación artesanal.
- Carracas: utensilio ou enredo tradicional que ten como único fin facer barullo. Fabricadas artesanalmente, unha de elas con case un século de antigedade.
- Trompos: elemente de xogo tradicional que conta con un gran arraigo no pobo. De sobra coñecido o seu uso por todo Galicia, outra cousa e sabelo bailar, donde algúns destacan como verdadeiros mestres ou incluso ilusionistas.
- Zancos: utensilio de xogo feito de maneira artesanal que require dun gran equilibrio. Traballando os equilibrios, reequilibrios, esquema corporal e o control tónico convertense nun elemento educativo a par que lúdico. Son coñecidos por a maior parte do público pero moi poucos tiveron a oportunidade.
- Estornela ou billarda: xogo cuxo material e de fabricación artesanal, moi popular tamén en todo Galicia. Xogo que fácilmente xustifica a sua difusión e permanencia no tempo con toda a diversión que pode serrar con so un pouco material de fabricación sinxela.
- Tres en Raia: xogo de taboleiro de gran difusión xa no medievo que permaneceu até os nosos días. Taboleiro de Madeira feito artesanalmente. (taboleiro en proceso, mentres tanto podese facer con tiza sobre calqueira superficie e unhas cantas pedras)
- A bola no corno: xogo de habilidade que consiste en introducir unha bola no interior dun corno. Os Cornos son naturais de vacas galegas e están limpos. Non atopei este xogo na bibliografía de xogos tradicionais a que teño acceso polo que non me queda outra que recoñecer que este enredo é cousa nosa.
- A chave: xogo de lanzamento de precisión moi extendido por toda a xeografía galega, de gran aceptación e tradición.
- A rá : xogo de lanzamento de precisión que consiste en introducir un móbil polos orificios dun taboleiro tendo estes orificios valores distintos.
- Alquerque: realizado en calqueira superficie na que se poida debuxar cun xiz e unha ducia e media de pedriñas, pelouros, uvas, sementes, … Moi pronto a asociación contará con taboleiros para o desenrolo de este xogo que chegou até os nosos días dende o medievo.
- Tiramillos: se ben non nos podemos referir a este enredo co apelativo de tradicional, si parece interesante para o xogo cos rapaces por ser sinxela a súa contrucción, utiliza materiais de refugallo reutilizándoos e conta con elementos comúns a outros xogos tradicionais. Consiste na boca dunha botella de plástico en un globo rachado donde se introduce o millo que pode sair disparad con gran precisión.
- O aro no pau: consiste en introducir un aro de 15-20 cm de diámetro pola parte superior dun pau cravado na terra. O pau na súa base encontrase rodeado por un círculo de 1 m. de diámetro. Os tantos son: 1 por metelo aro no círculo do chan, 2 por tocalo pau e catro por metelo aro pola parte superior do pau. Comento, para que comprendas o complicado de este xogo, que se te arriscas a meter o aro polo pau podes gañar catro tantos pero se fallas o máis probable e que nen toque o pau nen caia o aro dentro do círculo. O Nome de este xogo xurdiu co seu uso nas xornadas organizadas pola asociación xa que eu esquecín o Nome co que atopei este xogo nun libro de xogos tradicionais escrito por Ricardo Pérez y Verdes. O aro podese facer con bimbio.
- Levantacús: este é outo xogo extraido do mesmo libro de Pérez y Verdes do que tampouco recordo o Nome polo que nos referimos a el de esta maneira. Estando dous contrincantes sentados no chan, cara a cara e coas plantas dos pés pegadas, agarranse ambos o pau. O que máis forza faga tirando do pau hacia o seu lado levantará o cú do contrincante.
- Chapas. Recheas con plastilina para un mellor xogo. realizanse con elas e xiz diferentes circuitos, coa axuda e imaxinación dos propios rapaces. tamén o ollo ou a raia son xogos que facemos cas chapas.
- Canicas. Este material da asociación ainda nunca o utilizamos e sen embargo existen numerosos xogos de gran tradición na nosa terra con estes elementos esféricos.