sábado, 5 de julio de 2008

5 de xullo, 2008. Barro.






Fantástica xornada no Cuceiro de Barro cun número non elevado de rapaces pero sen embargo moi participativos co que resultou ser unha maña do máis divertida.



Con esta xornada remata o ciclo interxeracional que nos levou dous sábados á praza do Tapal e outros dous en Barro.




Tamén hoxe cabe mencionar a doación dun par de zancos para a asociación por xentileza de Toñito Lado ó que lle mandamos dende aqui o noso máis sinceiro agradecemento.


Antes de despedirme quero recordar a todo aquel o que lle agradezco que entrara a ler este blog que nos veremos na Feira Medieval de Noia do próximo fin de semán no que poderán xogar cos zancos, a chave, a estornela, os "tira-boghas" dos que adxunto unha foto a continuación e outros moitos enredos.

Até pronto amig@

No hay comentarios: