viernes, 4 de julio de 2008

presentación da asociación

O Concello de Noia, xunto co colectivo Enredos, porá en marcha un proxecto parroquial de xogos tradicionais

Nace baixo o nome de Encontros de xogos tradicionais na rúa e trátase dunha iniciativa que o Concello de Noia máis a asociación local Enredos, de recente constitución e que está presidida por Pablo Lado, queren poñer en marcha para espallar a cultura popular entre os veciños. O que pretenden é que este proxecto chegue na súa primeira edición e, por suposto, nas sucesivas tamén, a todas as parroquias do municipio.
O programa deuse a coñecer onte na casa de cultura Antón Avilés de Taramancos e botará a andar o vindeiro sábado, día 19, no barrio de San Lázaro. As actividades proseguirán ao longo dos próximos meses e non rematarán ata xuño.
A idea xurdiu do departamento de Cultura e Deportes. A concelleira desta área, Loli Caramés Hermo, explicou que o que se persegue é difundir a cultura tradicional e os xogos populares entre a poboación en xeral, aínda que subliñou que preferentemente o proxecto deseñouse pensando nun público infantil. Non obstante, non dubidou en facer un chamamento para que participen nel cidadáns de todas as idades.
Características
Por outra banda, a concelleira nacionalista fixo fincapé en que ao longo dos próximos meses o programa percorrerá practicamente todas as parroquias do municipio, posto que recalará en A Barquiña, Barro, Santa Cristina, Roo, O Obre, Argalo e a praza do Tapal, ademais do xa mencionado barrio de San Lázaro.
Loli Caramés puntualizou que aínda que agora quedan algúns núcleos fóra, como é o caso de Boa, iso non significa que non vaian ser tidos en conta, senón que comentou que a idea é que se poidan levar as actividades a eles a partir do verán, ao mellor con previsión de desenvolvelas na praia, ou nos meses posteriores.
A concelleira de Cultura tamén apuntou que estas xornadas faranse os sábados, de 11.00 a 14.00 horas, e engadiu que haberá tres sesións en cada localidade. Ao mesmo tempo, dixo que os asistentes terán ocasión de xogar cos zancos, á mariola, ás carreiras de sacos e a outras moitas opcións.Polo que atinxe aos monitores, Loli Caramés avanzou que serán cinco mozos pertencentes á asociación Enredos. A responsable do departamento de Cultura fixo fincapé en que, ademais de xogos tradicionais, impartiranse obradoiros sobre elaboración de xoguetes a partir de materiais de refugallo. A concelleira do BNG expresou o seu desexo de que esta iniciativa teña

A voz de Galicia. 13 de Xaneiro do 2008

No hay comentarios: